martes, 18 de mayo de 2010

ACTUACIÓN DE GARELIA TEATRO EN CESURAS

Onte Garelia Teatro tivo o pracer de compartir escenario co dramaturgo galego Manuel Lourenzo e con Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla.

Estamos encantados de aportar ese graniño de area a un día tan marabillos como é o Día das Letra Galegas.

martes, 6 de abril de 2010

ACTUACIÓN EN CASA HAMLET

Alégranos poder anunciarvos que o próximo día 29, ás 20,00 hrs., estaremos en casa Hamlet coa obra "Baleiro".

Como xa sabedes, esta actuación estaba programada para o pasado 18 de Marzo e , por motivos familiares dunha actriz, non se chegou a representar.

"Baleiro", unha obra escrita expresamente para teatro por un autor novel (aínda que de prometedora carreira), Francisco Paz Fernández -tamén coñecido por "Mi Paco"- e nela trasládanos ao mundo dos sentimentos humanos a través dun personaxe que perdeu toda referencia co seu pasado e indicio de futuro o que motiva ese vacio interior que dá nome á obra. Desde ese vacio e na procura dos seus recordos, como punto de partida do seu futuro, van aflorando nel sentimentos como: o odio, a ira, a dor... ata atoparse ante o dilema de escoller entre vivir a súa dura e crúa realidade ou continuar có seu vacio.

Dirixida de xeito excepcional por Ánxela Seoane Guerra -polo seu segundo apelido enténdese o seu carácter- na que resulta ser a súa "Ópera Prima" e que, a tenor do resultado, non será a última dirección que realice.

Na estrea de "Baleiro", na semana de Teatro de Betanzos, Garelia Teatro obtivo un notorio éxito de público e sinceros encomios dos profesionais do teatro que alí se deron cita.

Elenco:
- Ana Belén Blanco: "Ela"; "Ira"; "Loucura"
- Cristina Sánchez: "Destino"; "Medo"; "Recordo"
- Uxío Lousada: "Odio"; "Cordura"; "Decepción"
- Julio Fernández: "Home"

Esperámosvos a todos en casa Hamlet e confiamos en non defraudarvos !!

domingo, 21 de marzo de 2010

UN VERDADERIO AGASALLO
!!


O coñecido actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, Presidente de Honra de Garelia Teatro, escribiu expresamente para nós "Medievalia".

Unha obra na que todo o elenco de artístas de Garelia Teatro ten participación e na que, a dicir do propio autor, "os personaxes levan os vosos propios nomes porque, en boa medida, é como eu vos vexo".

A obra está ambientada nunha aldea próxima a Betanzos e nela mestúranse paixóns, celos, política e intereses económicos, todo iso aderezado cunha boa dose de humor e retranca galegos que estamos seguros vaivos a encantar.

Como non podería ser doutro xeito , a Dirección de "Medievalia" correrá a cargo do propio Manuel Lourenzo quen, sacando tempo aos seus múltiples quefaceres como actor e escritor, transformaranos, sen dúbida, cada ensaio nunha clase maxistral.

Desde aquí, queremos agradecer profundamente a Manuel Lourenzo que nos distinguira coa honra da exclusiva dunha das súas obras. Aínda que, ao que máis e ao que menos nos están "tremendo as pernas", todos malgastamos alegría e ganas de comezar cos ensaios co obxectivo de mostrarnos á altura de tan digno Autor/Director.

Irémosvos informando dos acontecementos sobre os ensaios e, por suposto, do día da estrea.

¡¡Grazas Manolo !!
Por razóns familiares dunha das actrices, Garelia Teatro non puido comparecer á cita con Casa Hamlet, marcada para o pasado día 18

Pedimos desculpas coa seguridade de que teremos moitas outras ocasións, onde podernos atopar e contar co voso inestimable apoio
Moitas grazas

martes, 9 de marzo de 2010

Garelia Teatro en Casa Hamlet

Garelia teatro ten o placer de representar Baleiro o xoves 18 de marzo en Casa Hamlet

lunes, 1 de marzo de 2010

Blog en Construcción.