martes, 6 de abril de 2010

ACTUACIÓN EN CASA HAMLET

Alégranos poder anunciarvos que o próximo día 29, ás 20,00 hrs., estaremos en casa Hamlet coa obra "Baleiro".

Como xa sabedes, esta actuación estaba programada para o pasado 18 de Marzo e , por motivos familiares dunha actriz, non se chegou a representar.

"Baleiro", unha obra escrita expresamente para teatro por un autor novel (aínda que de prometedora carreira), Francisco Paz Fernández -tamén coñecido por "Mi Paco"- e nela trasládanos ao mundo dos sentimentos humanos a través dun personaxe que perdeu toda referencia co seu pasado e indicio de futuro o que motiva ese vacio interior que dá nome á obra. Desde ese vacio e na procura dos seus recordos, como punto de partida do seu futuro, van aflorando nel sentimentos como: o odio, a ira, a dor... ata atoparse ante o dilema de escoller entre vivir a súa dura e crúa realidade ou continuar có seu vacio.

Dirixida de xeito excepcional por Ánxela Seoane Guerra -polo seu segundo apelido enténdese o seu carácter- na que resulta ser a súa "Ópera Prima" e que, a tenor do resultado, non será a última dirección que realice.

Na estrea de "Baleiro", na semana de Teatro de Betanzos, Garelia Teatro obtivo un notorio éxito de público e sinceros encomios dos profesionais do teatro que alí se deron cita.

Elenco:
- Ana Belén Blanco: "Ela"; "Ira"; "Loucura"
- Cristina Sánchez: "Destino"; "Medo"; "Recordo"
- Uxío Lousada: "Odio"; "Cordura"; "Decepción"
- Julio Fernández: "Home"

Esperámosvos a todos en casa Hamlet e confiamos en non defraudarvos !!